O equipo do programa “Galegos no Mundo” viaxará hoxe a São Paulo, a maior cidade do hemisferio sur, a segunda de América e unha das máis poboadas de todo o globo. Alcumada polos brasileiros como “a cidade que non pode parar” e considerada como a mellor cidade para facer negocios en América Latina, São Paulo é o principal centro financeiro do Brasil e un dos maiores a nivel mundial.  Nesta cidade de contrastes, o espazo da TVG atopará a Francisco Cotón, natural do concello coruñés de Oroso, que leva 5...