A gran urbe de América Latina e unha das máis grandes do mundo, Cidade de México, será a que visiten as cámaras do programa da Televisión de Galicia “Galegos no Mundo”  acompañados de seis galegos residentes alí. Cidade de México é un lugar cheo de movemento, cunha vida cultural e artística moi intensa e cunha grande escena musical. Ademais, conta con tres equipos na potente liga de fútbol mexicana e é o berce da loita libre mexicana, un espectáculo con seguidores en todos os recunchos do mundo, especial...