"Galegos no Mundo" irá ata Oxford, unhas das cidades universitarias máis famosas a nivel mundial. De feito, ten a universidade de fala inglesa máis antiga do mundo e nela estudaron persoeiros como Bill Clinton ou Óscar Wilde. Ademais, Oxford foi a cidade onde se rodaron series e películas tan famosas como Harry Potter ou Sherlock Homes, grazas, en gran parte, á súa bela arquitectura, que mestura tradición e modernidade. Os espectadores da Televisión de Galicia poderán coñecer as experiencias de xente como Beatriz Trillo, de Corcubión, e Antón Pose, de Cambre, que chegaron a Inglaterra para estudar inglés e cos que o programa coñecerá a Carfax Tower e a Christ Church, onde se gravou parte de Harry Potter. "Galegos no mundo" tamén estará coa compostelá Ana Fariña, coa que coñecerá o Oxford menos habitual; con Natalia Varela, da Coruña, que segue no país grazas a que un inglés se cruzou no seu camiño, e con Beatriz Pérez, natural de Sanxenxo e funcionaria da universidade de Oxford. Ela s