Ramón Lorenzo Vázquez, Ames (A Coruña), 1935. Membro da Real Academia da Lingua e do ILGA, poeta, filólogo e investigador, foi Catedrático de Linguística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Está considerado como a figura máis sobranceira nos estudios de Lingua e Literatura Medievais Galegas. A través dos apartados "Retrato", "As Claves dunha Vida", "Obra e Metodoloxía" "Pensamentos" e "Contorna" daranos el mesmo unha aproximación a súa personalidade, as circunstancias que rodearon a súa vida, o seu pensamento ademais dun perfil da súa traxectoria académica e profesional.