A chegada de Nina está a causar moitas dúbidas e desconcerto na familia Douro e, sobre todo, na relación entre Gonzalo e Cristina. Mentres, Roberto ten unha idea para que Lourdes recupere a Mati, quen ao mesmo tempo se achega á manipuladora Aurora. Nina non ten claro que vai facer coa súa vida e tampouco o seu futuro na empresa debido á desconfianza que lle produce Cristina.