Abel e Vera sincéranse, xa saben o que senten o un polo outro. Carlos está preocupado, xa que pensa que Aurora lle revelou a Elsa as súas intencións de pedirlle matrimonio. Gonzalo está rabioso, non entende que Abel Douro queira axudar a súa irmá co problema das pernas e rexeita a súa axuda, ten medo de que Abel estea a xogar con Vera. A negociación pola compra do Rácing retrásase demasiado, o que provoca tensión entre Luís e Rosendo, un Rosendo celoso que nota en Belén unha actitude na negociación diferente á habitual.