Fonso e Aurora están molestos co seu pai, queren explicacións despois de encontrar desfeito o agasallo de vodas que Fonso lle fixera á súa irmá con tanto agarimo. Roberto e Marisa tentan a sorte véndose ás agachadas na casa dos Douro. Abel parece cambiado, pode ser que Vera fixese aflorar un sentimento novo no seu interior. Por outro lado, Rosendo cada vez está máis celoso da relación que manteñen Belén e Luís.