Aurora mételle cada vez máis presión a Gonzalo para que se sinta incómodo no laboratorio. Parece que Carlos e Nina comezan a entenderse outra vez, pero a recente ruptura con Elsa complica a situación. Roberto cae unha vez máis ante Marisa, aínda a risco de seren pillados. A operación secreta da venda de Fontealba sae á luz.