Segundo día de matrimonio para Aurora e Roberto. Aurora amenceu sen o seu marido a mañá seguinte á noite de vodas, debido a motivos de traballo, segundo el. Luís segue coa idea de facerse cargo do Racing, aínda que na casa non conte con apoio. Abel continúa visitando a Vera sen que ninguén o saiba, parece que esta rapaza non é coma as demais.