A solución para diminuír gastos na empresa pasa, nun primeiro momento, por reducir horarios e provocar un ERE. Amalia e Luís tamén contemplan a posibilidade de procurar novas fórmulas que poidan ter viabilidade comercial e que sexan baratas. Roberto vai cedendo á idea de Mati de ser modelo e comeza a pensar maneiras para poder pagarlle a escola. Gonzalo e Nina seguen a estar moi namorados, sen embargo, cada vez teñen máis medo do futuro que lles agarda.