Amalia esíxelle a Luís que decida entre ela ou Lola. El cede e ten que falar con Lola. Imaxina que non o tomará a mal. Ademais Luís ten a idea de ampliar o invernadoiro e non ten tempo para nada. Algo que causa que cada vez estea máis nervioso e teña unha actidude distante cos seus fillos. Pero o momento de falar con Lola chega e non pode nin imaxinar como vai ser a súa reacción.