“Folgo e Feitura”, o espazo de documentais sobre os procesos produtivos en Galicia, falará esta semana de fouces, adobíos e caldeiros. Poucos elementos duran tanto coma os metais. Da feitura dos fouciños na vella fragua a piques de mudar por mor da tecnoloxía ou da elaboración dun broche de prata nas mans dun creador de beleza falará o programa de hoxe. Ademais, tamén afondarán no traballo que se levaba para a produción dun caldeiro de bo latón ou duns torques a imitación dos primitivos ourives.