Lumiños, un castañeiro que ten o seu posto na mesma rúa de "Fios", arruinárase despois de ter unha gran fortuna e agora recibe unha carta da súa filla que vive na Arxentina anunciando a súa inminente chegada. Ante a vergoña de que a súa filla descubra a verdade, Amador, Eloísa e Araceli, farán todo o posible para que Loumiños saia airoso dunha situación tan embarazosa. Mentres tanto, a fábrica vive momentos de certo nerviosismo coa preparación do desfile. As modelos proban os deseños ante a desconcertante mirada de Richi, agora transformado en Alber, o novo estilista de Fíos.