En "Fíos" os deseños presentados por Inés son todo un éxito e co apoio de Lois, convértese na estrela emerxente. Pero esto non fai máis que incrementa-los seus remordementos e as ganas de recoñecer que os deseños son de Eloísa. Richi segue a intentar conseguir traballo en "Fíos", e Mariló, amiga do anterior estilista Rocco, proponlle facerse pasar por gay. Richi acaba aceptando a "transformación" e nin os seus colegas Rocky e Tano conseguen recoñecer ó novo Alber que acaba conseguindo o emprego de estilista.