Eloísa entra a traballar en "Fíos" e comparte piso con Inés en Ourense. Unha noite ten un soño onde se lle aparecen unhas figuras moi estrañas. Cóntalle o seu soño a Inés. Ese mesmo día, Inés chega á empresa onde debe expoñe-las súas propostas para o desfile, e unha vez máis aproveitase das ideas de Elo. Antón está moi nervioso porque perdeu a súa cadela e non quere que se entere a súa muller. Encárgalle a Rocki e Tano que a busquen e atópana nun pozo negro, precisando un amaño urxente. Só hai unha persoa que o poda facer, Richi, amigo de Tano e Rocki, perruqueiro canino que busca traballo.