Inés chega a Ourense e queda a vivir alí, pero é consciente de que o seu emprego o conseguíu gracias ós deseños e ó talento de Eloísa, que segue sen traballo en Vigo. Pouco despois, Eloísa coa axuda de Noemí, consegue o emprego de dependenta da tenda principal de "Fíos", o que non lle atrae moito xa que a súa aspiración é deseñar moda. Empeza unha nova etapa na empresa dirixida por Lois e Antón cun frenético proceso de renovación: a contratación de Inés e o deseñador Marco Brey; a xubilación de Henrique, man dereita de don Amador; e a profunda reforma na tenda principal da empresa.