A estancía de Lois en Londres, prolóngase máis do esperado e as tensións continúan dentro da empresa. Despois da marcha de Marco Brei, Antón móstrase distante con Ines e incluso ás veces, con Carmela. Mentres tanto, Inés segue sen poder contactar con Lois, sentíndose cada vez máis distanciada de él. Nesto, aparece pola fábrica un vello coñecido, que aínda vai traer máis incertidume ó futuro sentimental de Inés. Elo, instálase na casa de Alber, observando con desconfianza que non semella a casa dun gay. A presencia de Elo na casa de Alber, vai coincidir cun período moi intenso na vida de Alber, que se ve metido nunha encrucillada sentimental sen pretendelo. Lara segue namorada de Tano, pero a relación corre perigo porque este ponse moi nervioso diante dela e acaba por mete-la pata, estragando tódalas oportunidades. Tanto Lara como Tano, cadaquén pola súa parte, converten a Alber en confidente da relación, para desesperación deste. A situación fai dubidar a Alber, entre aproximarse a Lar