Lois marcha a Londres para tentar conseguir un contrato que mellore a situación crítica da empresa. Carmela, escéptica co obxectivo deste, convence a Antón para abaratar costos e utilizar materiais de baixo prezo nos deseños presentados por Inés. Para sorpresa de Inés, Marcos que vai marchar de Fíos, defende os seus criterios. Inés, histérica pola marcha de Lois, acaba dicutindo con Elo, que se vai da casa. Lois pola súa parte, non pode mante-la promesa de non ver a Valeria, xa que ésta acaba localizándoo. Cando Richy lle ía revelar a Lara que non é gay, esta sorpréndeo con que está interesada por Tano.