Lara entra a traballar en "Fíos" como encargada das modelos e inmediatamente simpatiza con "Alber". Confésalle que senón fora gay, namoraríase del; e Alber contéstalle, que as veces as cousas non son o que parecen. Don Amador regresa á empresa coa intención de que as cousas volvan a ser como antes, aínda que lle atraen uns deseños moi innovadores dunhas camisetas feitas por Elo, que por outra parte, xa se incorporara ó traballo na tenda. Nieves máis Antón discuten e están a piques de separarse; todos na fábrica entéranse do que está a pasar. Pero non tarda en producirse a apaixoada reconciliación no mesmísimo despacho de Antón. Tano e Rocky discutiran, e Rosa acaba pechándoos no almacén para que salden as súas diferencias.