Don Amador e Moledo rivalizan polo nomeamento de Socio de Honra no Liceo. Elo, xa está traballando con Andrés, pero non sospeita que éste a enganara e tan só pretende aproveitarse dos seus deseños para outros fíns que non lle revela. Inés, cóntalle a verdade sobre Andrés, pero Elo nun principio non lle cre. Finalmente, e a pesar de que Elo tivera un pequeno escarceo amoroso con Andrés, acaba deixándoo. Don Amador, ofrécelle que volva a Fíos, xa que agora que se incorpora el, vai precisar axuda. Antón e Nieves, entremétense no suposto problema sentimental de Carmela coa súa parella. Pero Carmela, moi hábilmente consegue librarse dos entremetidos. Tano, ten moza, Susi, pero cando imaxina que lle vai pedir matrimonio, asústase, e trata de evitala. Sen embargo, é a moza a que pretende librarse del.