Andrés Ríos segue merodeando pola fábrica sospeitosamente. Enterado de que Eloísa é a autora dos mellores deseños de Fíos, ésta vólvese o seu obxectivo. Eloísa non acaba de estar cómoda ás ordes de Inés e empezan a distanciarse, ocasión que aproveitará Ríos para facerlle unha tentadora oferta, que implica melloras económicas e maior liberdade creativa. A presencia de Andrés en Fíos e o rumor de que varios directores de bancos visitaron a Antón, fan que Don Amador pense que a empresa non vai ben, polo que anúncialle ós seus fillos a intención de reincorporarse a Fíos para aporta-la súa a experiencia. A noticia non lle fai ningunha gracia a Lois e Antón. Este último está moi malhumorado pola dieta estricta á que o ten sometido Nieves. Lois entérase da presencia en Ourense de Horacio Messeguer, o crítico de moda máis respectado de Europa, e convídao a visitar Fíos. Un pequeno incidente, fará que Horacio acabe moi decepcionado. Lois, obsesionado coa proxección da boa imaxe de Fíos e observ