O Festigaliando achégase ata O Grove para gozar do Náutico de San Vicente, un lugar idílico polo que pasan cada verán centos de artistas cunha importante repercusión nacional e internacional. Un espazo único no que se une á perfección a paisaxe e a música en directo. Neste programa faremos balance deste ano, unha tempada de verán que estivo marada sen dúbida polas restricións da covid. En concreto, cubriremos o concerto de Taburete, o penúltimo que se celebrará neste 2021. Tamén falaremos da repercusións que teñen estes concertos en toda a zona de O Grove.