Nathy Peluso, Morat, Amaral, Lola Índigo, La M.O.D.A. ou Love of Lesbian. Eses son só algúns dos artistas que pasarán este verán polo Morriña Fest. Un novo festival que se levará a cabo en Culleredo do 19 ao 29 de agosto e que aspira a converterse nun dos eventos musicais máis populares da nosa comunidade. No Festigaliando achegáremos ata Culleredo para saber a repercusión deste novo evento en todo o Concello. Ademais, faremos especial fincapé en todas as medidas que se tomarán nos concertos para garantir a seguridade de todos os traballadores e asistentes. O Morriña Fest dará, sen dúbida, moito que falar, porque chega á Coruña para quedarse.