Ingredientes: - 4 patacas grandes - 10 ovos (de dous só a xema) - sal, aceite de oliva, liscos de pan torrado, ceboliño, 1 tomate, 1/2 ceboliña e pementa Elaboración: Pelamos as patacas e cortámolas en liscos. Nunha tixola fritimos as patacas, buscando os bordes dourados. Con movementos envolventes mesturamos as xemas e as claras dos ovos. Engadimos as patacas mornas e ben escoadas de aceite, salgamos e mesturamos. Deixamos repousar un par de minutos. Volvemos á tixola onde fritimos as patacas e cun chisco de aceite vertemos a mestura e baixamos o lume ao mínimo. Cando calle a base, volteamos a tortilla e deixamos outro intre pola outra cara. Volvemos a voltear dúas veces máis e co lume apagado deixamos repousar. Empratamos e listo para comer!