Ingredientes: 1 mand de xenos, 1 cebola, 1 dente de allo, 1 cenoria, 1 tomate maduro sen pel, 1 vaso de mencía, 500 grs. de tenreira para cocer, 1/2 litro de caldo de carne, 1 culleradiña de comiño, sal, pementa, aove e tres patacas. Elaboración: Na pota rápida rustrimos as verduras e a tenreira. Engadimos o viño, as especias e cubrimos co caldo deixando cocer uns 50 minutos. Pasamos a salsa polo brazo batedor e desfacémola carne con dous garfos, mesturándoa coa salsa necesaria. Mentres cortamos en liscos unha pataca e frixímola asentándoa no fondo dunha tarteira. Nun cazo cocémolos xenos e reservamos. Facemos os sacos cos xenos e a carne, asentámolos enriba da pataca. Engadimos a salsa que nos sobra e cocemos 2 minutos máis. Empratamos… E listo para comer…!!! Hoxe, Rafa Durán en Armenteira, Pontevedra, a María Carramal Busta, a propietaria e agricultora de A Horta de San Ero, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os xenos.