O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Keila, de Nigrán, para recoller embutido de cabaza. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña. Ingredientes: Para o risoto: - 250 gr de arroz redondo - 1 manda de espárragos verdes frescos - 1 ceboliña - 1 allo porro - 1 dente de allo - 1 cenoria - 1 embutido de cabaza - 1 taco de queixo curado - 1/2 cunca de viño branco - 1 litro de caldo de polo - 1 noz de manteiga Para o caldo de verduras: - Cebola - A parte verde do allo porro - 1 dente de allo - 2 cenorias - 1 folla de loureiro - Sal - Aceite de oliva - 1/3 embutido de cabaza Elaboración: O prato vexetariano de hoxe imos a facelo cun embutido. Facemos un caldo rustrindo as verduras e un anaco de embutido de cabaza. Deixamos cocer 12 minutos na pota rápida e mantémolo quente. Nunha pota ou wok, rustrimos a cebola, o allo porro, o allo, a cenoria, os talos dos espár