Ingredientes:
• Patas de porco cortadas e desalgadas • 2 patacas • 250 g. De garavanzos cocidos • 1 mada de acelgas • 1 chourizo • 1 cebola • 1 allo porro • 2 follas de loureiro • 1 dente de allo • 1⁄2 vaso de viño ribeiro • 1 culler de pemento doce • 4 culleradas de tomate frito • 1⁄2 litro de caldo de cocción das patas • Sal e pementa • Aceite de oliva
Elaboración:
Cocemos as patas nunha pota rápida cun anaco de allo porro, unha cebola e unha folla de loureiro e reservamos. Nunha tarteira rustrimos a cebola, un allo, un allo porro e o chourizo en liscos. Engadimos o pemento doce e o tomate, e rustrimos un par de minutos. Incorporamos o viño, as patacas, as acelgas, as patas e os garavanzos. Engadimos o caldo de verduras, e deixamos cocer media hora máis. Empratamos e listo para comer...!!!
Rafa Durán visitará Emdeza e recollerá patas de porco para a nosa receita de hoxe.