Ingredientes:
Para a masa: 250 g de fariña de trigo 25 g de fermento fresco 2 culleradas de aceite de oliva 1 cullerada de sal 200 ml auga morna Para o recheo: Ourego ecolóxico 300 g de tomate frito 1 queixo de tetilla 500 g de lacón cocido en liscos 1 presa de grelos Pemento picante
Elaboración:
Tomade nota, así se fai unha pizza de lacón con grelos e ourego ecolóxico. Poñemos a fariña enriba da mesa, e incorporamos no centro aceite, sal e auga con fermento. Amasamos mesturando cos dedos ata conseguir unha bola. Deixámola repousar tapada durante 30 minutos. Limpamos os grelos, cocémolos nunha ola, escorremos e reservamos. Estiramos a masa coas mans e repartimos o tomate frito. Engadimos ourego, queixo de tetilla, lacón cocido e os grelos. Cubrimos con máis queixo de tetilla relado e enfornámola 10 minutos.