Hoxe Rafa Durán visitará a Manuel Teijeiro, un gandeiro de Montes de Boado en Xinzo de Limia para recoller o produto estrela da receita: a picaña de cachena.
Ingredientes:
• 1/2 kg picaña de cachena • 3 cebolas • 3 pementos vermellos • 1/2 vaso de viño doce • 75 g azucre moreno • Aceite de oliva • Sal e pementa
Elaboración:
Enfornamos os pementos, pintados con aceite e salpementados, uns 20 minutos a 160 graos. Cando estean listos, pelámolos e reservámolos.
Por outra banda, douramos ben a carne nunha tixola e metémola no forno a 160 graos durante 20 minutos. Rustrimos a cebola e deixamos que se confeite xunto co viño e o azucre 30 minutos a lume baixo. Servimos a carne en liscos, os pementos asados e maila cebola confeitada.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel a facer as albóndegas.