Ingredientes:
1 quilo de mexillóns, 1 cebola, 1 pataca, 1 cenoria, 4 dentes de allo, 1/2 vaso de ribeiro, 1/2 vaso de vinagre, 2 follas de loureiro, 1 chile, aceite de oliva, pemento doce e picante, pementa e sal.
Elaboración:
Cocemos os mexillóns e reservamos xunto coa auga de cocción. Nunha tixola con medio vaso de aceite rustrimos a cebola e o allo. Engadimos o loureiro, o pemento, o chile, a pementa co viño, e deixamos reducir. Botamos o vinagre e cocemos cinco minutos. Engadimos os mexillóns e reservamos. Cortamos en liscos a pataca e a cenoria e friximos. Empratamos co pemento picante, o sal en escamas e listo para comer!