Ingredientes: Para o codillo: 2 codillos de porco 1 cebola grande 1/2 cabeza de allos 1 cenoria 1 folla de loureiro Sal e pementa 1 cervexa Para a verza con patacas: 1manda de verzas 3 patacas 2 dentes de allo 1 noz de manteiga 2 culleradiñas de especias picantes 2 culleradiñas de vinagre de viño 20 ml de nata Sal e pementa Elaboración: Un codillo de porco asado con verza galega fáise do seguinte xeito. Na pota rápida rustrimos o codillo coas verduras, cubrimos de auga e cocemos 30 minutos. Nunha tarteira cocemos as patacas con pel. Machucámolas formando un puré, mesturámolas coa manteiga, salpementamos e engadimos un chisco de nata. Reservamos. Pasamos o codillo e as verduras cocidas a unha bandexa, regamos con media cunca de cervexa e enfornamos durante 30 minutos a 220 graos. Nunha tixola friximos lixeiramente o dente de allo, incorporamos a verza en anacos e coa axuda de media cunca de auga para que xere vapor, cocemos a verza uns 25 minutos. Mesturamos as verzas co puré, colo