Ingredientes: 2 lombos de bacallau 1⁄2 cunca de olivas negras e verdes 1 cebola 1⁄2 kgdepandemillo 1 chourizo crioulo 2 dentes de allo 1 culleradiña de pemento doce Sal e pementa AOVE PARA AS PATACAS EN PAPILLOTA: 4 patacas grandes 3 chalotas Perexil fresco Sal e pementa Elaboración:  Para facer a receita de hoxe, imos empregar dous lombos de bacallau. Metemos unhas patacas cunhas chalotas, sal e pementa en papillota. Enfornamos 40 minu- tos a 180 graos. Noutra fonte de forno, asentamos o bacallau e bañamos con media cunca de aceite de oliva virxe extra. Enfornamos 15 minutos xunto coas patacas. Nunha tixola rustrimos ben a cebola, o crioulo e o allo, retiramos o exceso de graxa e incorporamos as migas de pan de millo. Rustrimos 5 minutos máis, mesturamos co aceite do enfornado do bacallau e me- temos no forno xunto coas patacas e as chalotas 7 minutos máis. Empratamos e listo para comer...!!! Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en A Coruña, a Manuel, o dono d