Ingredientes: 1 bte de kimchi, 1 lombo de bonito alistado, 1 cogombro fresco, 200 grs. de fideos chineses. Para o mollo: 1/2 cebola vermella, media cebola branca, 1 cullerada de salsa de soia, 1 culleriña de azucre moreno, 1 cullerada de chile en po, 2 culleradas de sésamo, 1 vbaso de caldo, 1 allo porro. Elaboración: Nunha tixola rustrimos ben as cebolas, engadimos o pemento, doce, o azucre, o caldo, a soia, a semente de sésamo e unha cullerada de kimchi. Mesturamos e reservamos. En auga fervida hidratamos os fideos chineses e noutra tixola co peixe previamente aceitado marcámolo ata obter o noso punto. Empratamos con máis sementes, cogombro fresco e listo para comer...!!! Hoxe, Rafa Durán visitará en Noia, A Coruña, a Naya Bravo, o propietario de Meraki Ferments, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o kimchi.