Ingredientes:
1 cola de peixe sapo, 6 lagostinos, 12 ameixas, 2 luras, 3 patacas, 1 cunca de chícharos, 1 cebola relada, 1 dente de allo, 1 folla de loureiro, 1 cullerada de tomate concentrado, 1/2 vaso viño Albariño, 1 culleriña de pemento doce, 1 sobre de azafrán, 1 rama de perexil, aceite de oliva, sal e pementa.
Elaboración:
Facemos un caldo de peixe coa folla de loureiro, as cabezas dos lagostinos e a espiña do peixe sapo. Nunha tarteira marcamos o peixe sapo, os lagostinos e as luras a lume forte e reservamos. Rustrimos a cebola relada e o allo, engadimos as patacas co azafrán e o pemento doce, salpementamos, incorporamos o viño que deixamos reducir e o peixe coas ameixas. Poñemos caldo de peixe e cocemos tapado sete minutos. Empratamos e listo para comer!