Ingredientes: 1 quilo de feixóns verdes, 2 cenorias, 2 patacas, 1 cebola picada, 1 allo porro, 4 tomates maduros 200 grs de touciño, 2 chourizos, 3 ovos escalfados, 1 litro de caldo de polo, 1 dente de allo. Elaboración: Nunha tarteira con aceite de oliva rustrimos a cebola e o allo. Marcamos o touciño e o chourizo, incorporamos o tomate e rustrimos ben. Engadimos as cenorias, as patacas e os feixóns e cocemos 10 minutos. Metemos a tarteira no forno quente a 200 graos e cocemos 30 minutos máis. Empratamos cuns ovos escalfados e listo para comer! Hoxe, Rafa Durán visitará en Bandeira, Silleda, Pontevedra, a Antonio, o agricultor de Viveros Marcos Antonio, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os feixóns verdes.