Ingredientes:
- 300 grs. de xudías verdes
- 3 patacas
- 200 grs. de xamón
- Auga, 2 allos, aceite de oliva virxe extra , sal e manteiga
Elaboración:
Poñemos auga a ferver e engadimos media cebola e as patacas en anacos grandes e as xudías. Sazoamos e deixamos ferver uns 18 minutos. Canto estean listas escorremos e reservamos. Nunha tixola co fondo de aceite, douramos dous allos laminados e salteamos as xudías. As patacas pasámolas polo pasapurés. Condimentamos cun chorriño de aceite de oliva e picamos un pouco o xamón. Mesturamos co puré de pataca. Poñemos a auga nunha cazola e cando comece a ferver baixamos o lume para que non saian borbotóns, escalfamos os ovoso e montamos o prato.