Ingredientes:
400 grs de fabas, 2 chourizos, 300 grs de touciño, 1 cebola, 1 culler de pemento doce, aceite de oliva, sal, 1 cabeza de allos, 1 anaco de lacón, 1 folla de loureiro.
Elaboración:
Deixamos de un día para outro as fabas a remollo e o lacón a desalgar. Nunha pota poñemos a cebola, os dentes de allo, o loureiro, o aceite de oliva, as fabas, o pemento doce e as carnes. Cocemos a lume baixo 2 horas e media, asustando con auga fría cada media hora. Retiramos o chourizo e as carnes e picámolas. Batemos a cebola e os allos cun pouco do caldo para regular o espesor.