Hoxe Rafa Durán visitará a Juan de A Horta de Lucinda en Viñós (Arzúa) para recoller tomates do país e facer a fantástica receita de "Ensalada de tomates asados con parrochas". Ingredientes: -2 kg. de tomates grandes Para o mollo do tomate: -1 culleriña de ourego -1 culleriña de tomiño -1 culleriña de pementa -1 culler de perexil fresco -1 dente de allo -Cebola frixida -Sal -2 culleradas de pan relado groso Nun cunco mesturamos: -6 culleradas de AOVE -3 culleradas de vinagre -1 culler de salsa de soia   Para as parrochas: -½ kg de parrochas -1 cunca con fariña de garavanzo -Sal -Aceite de oliva virxe   Para a ensalada de cebola: -½ cebola vermella -½ cebola branca -Ceboliño fresco picado -AOVE, vinagre, sal e pementa   Elaboración: Hoxe os tomates van para o forno. Mesturamos ourego, tomiño, perexil, allo, cebola e pan relado por un lado. Por outro, 6 culleradas de aceite de oliva, 3 de vinagre, unha de soia e un chisco de pementa. Cos tomates asentámolo