Ingredientes: - 2 conservas - 1 bandexa de cogomelos variados - Allo e perexil - Herbas dos cóengos aliñados Para o refrito: - 1 cebola - 1 pemento vermello - 2 dentes de allo - 1 cunca de tomate natural - 1 culleriña de ourego - Pementa - Aceite de oliva Para a masa da “coca”: - 100 g. de aceite de oliva - 130 g. de auga morna - 25 g. de lévedo fresco - 1 chisco de sal - 325 g. de fariña peneirada - 50 g. de alga seca triturada - Chisco de sal - Chisco de azucre Elaboración:Mesturamos os ingredientes da masa e deixamos levedar un par de horas. Nunha tixola facemos o rustrido. Cubrimos o fondo da coca con alga triturada e incorporamos o rustrido. Rematamos asentando o bonito e os cogomelos previamente marcados. Humedecemos con auga de mar da conserva, enfornamos 12 minutos 220 graos, empratamos e listo para comer.