Ingredientes:
6 bistés de redondo, 1 cebola, 2 tomates, 2 dentes de allo, 1 vaso de porto, aceite de oliva, 1 culleriña de comiño, froitos secos picados e 1/2 quilo de feixóns verdes.
Elaboración:
Salpementamos os bistés e marcamos nunha tarteira e reservamos. No mesmo aceite rustrimos a cebola e o allo. Cando estean ben, engadimos os tomates relados e cocemos un par de minutos, seguimos co comiño e o viño porto. Pasamos o rustrido polo pasador de puré e voltamos á tarteira cos bistés. Fervemos 2 minutos. Engadimos os froitos secos e listo para comer.