Ingredientes:
Brócoli 400 g de arroz redondo 1 androlla 150 g de garavanzos 1 dente de allo 1⁄2 pemento vermello 1⁄2 cebola Sal Aceite de oliva Caldo de verduras
Elaboración:
Cocemos a androlla nunha pota. Picamos as verduras e refogámolas nunha tarteira. Incorporamos a androlla picada, o arroz e o caldo. Cocemos o brócoli ao vapor usando a auga da androlla. Engadimos o brócoli á tarteira xunto cos garavanzos e cociñamos todo a lume lento para rematar a receita.