Ingredientes: • 200 gr de tirabeques • 1 cebola • 1 dente de allo • 200 gr de cogomelos • Carne de vieiras conxeladas • 300 gr de arroz arborio • 150 gr de queixo relado • 70 gr de manteiga • 1 cunca de viño branco PARA O CALDO DE PEIXE: • 1 cabeza de peixe para un foumet • 1 allo porro • 3 ramas de perexil • 2 follas de loureiro • Sal e AOVE PARA O PESTO DE TIRABEQUES: • Tirabeques escaldados e arrefriados en xeo • A mesma cantidade de parmesano ou similar • 1 cunca de piñóns torrados • 1/2 dente de allo • Sal e AOVE Comezamos a receita de hoxe facendo un caldo de peixe. Nunha pota poñemos unha noz de manteiga, rustrimos lixeiramente a cebola, os cogomelos, os tirabeques e os piñóns. Incorporamos o arroz e o viño. Deixamos reducir e a poucos engadimos o caldo. Cocemos todo en conxunto uns 18 minutos. Nun cazo fervemos os tirabeques dous minutos e arrefriámolos 10 minutos con auga xeada. Coa metade destes tirabeques facemos un pesto, e a outra metade marcámolos na tixola xunto cas vi