Desde a mañá a xente bótase á rúa para xantar, beber e bailar ata a noite, cando os mariñeiros da localidade, despois de capturar a Maruxaina na illa sombriza dos Farallóns, deciden expoñela a xuízo publico. Tras moito debate decídese que A Maruxaina pase a noite con eles e ao amencer sexa devolta ao mar. Para facer máis pracenteira a noite celébrase unha queimada popular.