A orquestra Panorama recada fondos para colaborar na investigación e no tratamento contra o cancro, de xeito solidario, acompañada de numerosos e destacados artistas do panorama nacional.  A orquestra Panorama escolleu, por segundo ano consecutivo, o recinto do Fexdega de Vilagarcía, que conta cun aforo de 20.000 persoas. Nesta edición, actúan David Bustamante, Mónica Naranjo, Carlos Baute, Merche, Juan Magán, Heredeiros da Crus, Dkuba, Efecto Pasillo, Manuel Martínez (Medina Azahara), Cali&Dandee e Pablo Méndez Performances.  O espectáculo, conducido por Lito, conta tamén coas actuacións humorísticas das Cantareiras de Ardebullo e Pepo Suevos, ademais de variados números acrobáticos.