A canle autonómica dedícalle este domingo un programa especial a Xosé A. Touriñán, un dos máximos expoñentes do humor galego na actualidade. “Touriñán e Compañía”, recuperará os seus mellores momentos no programa e os espectadores poderán velo de novo na pel dalgúns personaxes moi queridos que xa non aparecen no “Land Rober”, como é o caso de João Simões.