Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite cun dos concertos, concretamente o de Betanzos, que a orquestra ofreceu dentro do seu Deluxe Tour, unha xira chea de novidades e sorpresas para os seguidores da formación, que se converteu nun dos espectáculos do verán.“A Noite da Panorama” inclúe entrevistas co director da orquestra, Lito Garrido, coa acróbata e bailarina Reyna Fabiana, cos cantantes Mario Álvarez, Daira Monzón e Natalia Méndez, co guitarrista Lote, coas bailarinas Eli Soal e Adriana Díaz, co teclista Carlos Oubiña, co baixista Giorgio e co montador Jhoni.