A TVG percorre a costa para descubrir todos os segredos dun dos mariscos máis emblemáticos e saborosos de Galicia.  Que teñen as nosas augas para que haxa percebes de primeira? Como é a vida dos percebeiros? En que ocasións comemos percebes os galegos? Porque triunfan tanto entre os visitantes? De cantas formas podemos cociñalos?  As reporteiras Belén Vara e Ariadna Leis viaxan a Cedeira e entran na súa lonxa; despois acoden ao mercado de Ferrol e, logo, en Malpica, acompañan un grupo de percebeiros nunha dura e espectacular xornada de traballo. Ademais, fan parada por algúns dos templos deste marisco, como o bar Pirata de Fisterra, o bodegón O Percebe de Camariñas e o restaurante Miramar de Corme, onde proban o percebe do Roncudo. O programa aprende distintas formas de preparar o percebe e para iso está coa cociñeira María Luísa Vizoso, que elabora na súa casa unhas deliciosas croquetas. E o prestixioso chef Iván Domínguez, da Coruña, ten preparada para o programa unha incrible rec