As reporteiras do programa, Belén Vara e Ariadna Leis saen á rúa para afondar nas razóns que converten o pan galego nun produto de primeira.Para comezar achéganse á recoñecida panadería Pan da Moa, en Santiago de Compostela. Tamén pasan pola consulta dunha nutricionista para descubrir as propiedades deste sinxelo "manxar", e recollen as impresións dun grupo de estranxeiros que proban o pan do país por primeira vez.En San Cristovo de Cea, as reporteiras coñecen os segredos do famoso pan de Cea, o único de Galicia que posúe a Indicación Xeográfica Protexida (IXP). “O Mellor Pan do Mundo” tamén pasa polo concello coruñés de Carral.A viaxe continúa en Cerceda onde Marcial e Lito (pai e fillo), elaboran cada madrugada un dos mellores pans de millo de Galicia. No concello de Miño as reporteiras asistirán a un divertido obradoiro de pan para nenos. Tamén viaxan a Pontedeume para participar nas clases de panadería do IES Fragas do Eume, e chegarán ata Lugo para estar presentes na primeira cáte