Mira ti: O porto de Vigo Cinco reporteiras presentan variadas reportaxes con historias, datos, curiosidades e situacións sorprendentes para amosar esta mega estrutura que fai de Vigo un dos portos máis importantes de Europa. Entre elas, contarase a historia do porto en menos dun minuto, desde Xulio César ata a actualidade. Con 20 quilómetros de costa, aduana e fronteira con todo o mundo, 'Mira ti' chama á porta da Autoridade Portuaria para explicar a importancia e dimensión do porto de Vigo. Tamén este espazo conversará coa Garda Civil, xa que tras o 11-S se vela máis pola seguridade en todos os ámbitos e no porto de Vigo esta é crucial para atender aos máis de 250.000 cruceiristas que chegan cada ano. Os espectadores poderán ver como se realiza un rexistro sorpresa nun barco de miles de toneladas onde se poden atopar pequenos fardos. Vigo é o porto máis importante en canto a pesca fresca da península e o segundo de Europa. O peixe é o motor económico de máis de 8.000 persoas, pero