Este domingo, a Televisión de Galicia emitirá a primeira Gala Panorama contra o Párkinson, organizada pola Fundación Curemos el Párkinson, con sede na Coruña. Compartiron escenario na Praza do Mar de Sanxenxo algúns dos cantantes máis exitosos do panorama internacional. Entre eles, Luis Fonsi, Edurne, Morat, Gemeliers, Guillermo Castro e Diego Martín, artistas que poderán ver actuar os espectadores da Televisión de Galicia.Na gala estará Diego Castro, o cantante vigués destacado por facer bachata.